A OMS (Organización Mundial da Saúde) publica os resultados do maior estudio realizado referente aos hábitos de actividade física dos adolescentes a nivel mundial.
Déixovos o enlace da noticia para que fagades unha lectura e saquedes conclusións. Na clase o comentaremos.
Un saúdo para todos/as!!
Miguel
https://elpais.com/elpais/2019/11/18/planeta_futuro/1574086350_697117.html
venres, 22 de novembro de 2019
xoves, 14 de novembro de 2019
Concurso de microrelatos de Educación Física
Bos días alumnos/as!! A seguires déixovos as bases do concurso de microrelatos. Preguntade na clase todas as dúbidas que teñades. Un saúdo para todos/as!!
Participantes:
- 1º trimestre: Alumnos/as de 4º ESO e 1º BAC
- 1º trimestre: Alumnos/as de 4º ESO e 1º BAC
-
2º trimestre:
Alumnos/as de 2º e 3º ESO
-
1º trimestre:
Alumnos de 1º ESO
Bases
do concurso:
Cada
alumno/a escribirá un microrelato que esté, dalgunha forma, relacionado coa
Educación Física ou o Deporte.
O
microrelato deberá presentarse escrito a ordenador con letra Times New Roman
tamaño 12. O tamaño máximo do texto será de 5 liñas. O microrelato poderá ter un final aberto ou pechado, ter un tono humorístico, satírico, dramático, de suspense, de terror, de ciencia-ficción...
Os
alumnos escribirán o seu nome pola parte traseira da folla.
Os microrelatos seleccionados serán publicados na revista "O Serodio" e neste mesmo bloque.
mércores, 13 de novembro de 2019
Táctica balonmán
Os maiores do instituto estades coñecendo mais en profundidade o balonmán.
Agora que xa dominades os aspectos básicos do deporte, observade neste video os movementos ofensivos das xogadoras da selección noruega (e tamén os movementos en defensa da selección rival).
Intentande indentificar as posicións en ataque (aínda que veredes que fan moitos cruces e variantes tácticas) e os sistemas defensivos usados.

Datas de exames 1º trimestre
Estas son as datas dos exames desta primeira avaliación:
1ºA, 1ºB: martes 10 de decembro
2ºA, 2ºB: luns 9 de decembro
3ºA: mércores 11 de decembro
3º B + 3º PMAR: luns 9 de decembro
4ºA: xoves 12 de decembro
4ºB: luns 9 de decembro
1º BAC: luns 9 de decembro
1ºA, 1ºB: martes 10 de decembro
2ºA, 2ºB: luns 9 de decembro
3ºA: mércores 11 de decembro
3º B + 3º PMAR: luns 9 de decembro
4ºA: xoves 12 de decembro
4ºB: luns 9 de decembro
1º BAC: luns 9 de decembro
Ases do béisbol
Algúns dos alumnos/as do noso instituto estanse a converter en auténticos ases do béisbol. Déixovos un video para que vexades xogadas de partidos profesionais. Fixarvos nas xogadas onde o equipo defensor conseguen facer unha dobre eliminación de xogadores atacantes.
luns, 4 de novembro de 2019
Un novo "microtraballo"
Bos días a todos/as!
Debedes entregar con data límite do próximo luns 11 de novembro un listado de 10 alimentos (que consumades con regularidade) que poidan ser considerados como comida real e 10 produtos alimentarios ultraprocesados (que consumades con certa regularidade).
Para coñecer ben a diferencia entre comida real e produto ultraprocesado presta atención as explicacións que se dan na clase e consulta o panel informativo exposto no corcho da entrada aos vestiarios.
Entregade este pequeno traballo nun folio ou folla de libreta onde conste o voso nome completo e curso.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
1º/2º ESO e PMAR, traslado a Telegram
Bos días a todos/as! Despois de escoitar algunhas suxerencias para facer mais fluída a comunicación entre alumnos e alumnos/as-profesor dec...
-
1ºA: martes 17 de marzo 1ºB: martes 17 de marzo 2ºA: martes 24 de marzo 2ºB: luns 23 de marzo 3ºA: mércores 18 de marzo 3ºB: mércores...
-
Algúns dos alumnos/as do noso instituto estanse a converter en auténticos ases do béisbol. Déixovos un video para que vexades xogadas de par...
-
Bos días, tardes, noites a todos/as! Enlázovos unha antiga entrada do blogue para que botedes unha ollada a estas xogadas de béisbol. Saúd...