Recordade que, nesta situación tan particular que nos toca vivir, alimentarse adecuadamente e facer un pouco de exercicio diario é fundamental para manter un óptimo equilibrio físico e psicolóxico.
Nunha das anteriores entradas do blog (ver mais abaixo) deixeivos moitos circuítos de actividade física que podedes facer diariamente.
Agora vouvos propor un RETO; debes intentar facer os exercicios do video e animar a alguén da vosa casa a que tamén o intente.
Déixovos tamén as preguntas da semana que fan referencia a contidos que xa traballamos nas clases:
1) As persoas que practican habitualmente deportes de resistencia teñen unha frecuencia cardíaca mais alta ou mais baixa que as persoas sedentarias? Por qué?
2) Dime en cal das diferentes modalidades atléticas que traballamos na clase cres que poderías ter un rendemento mais destacado e explica por que.
3) Anota o nome de 5 deportistas galegos destacados indicando a súa disciplina deportiva.
Mándademe as respostas a miguelportasrocha@edu.xunta.es e dime tamén que tal te foi o RETO dos exercicios con rolos de papel!
Prazo de entrega límite: venres 03 de abril


