venres, 24 de xaneiro de 2020

Adestramento funcional!

O adestramento funcional significa combinar exercicios diversos (de distintas disciplinas deportivas) priorizando movementos multiarticulares e sen necesidades de grandes máquinas. O obxectivo fundamental do adestramento funcional e ser mais competentes motrizmente en tódalas dimensións e mellorar a nosa saúde e, polo tanto, o noso benestar físico e mental. Sentirse mellor cun mesmo.

O adestramento funcional canalizouse deportiva e comercialmente no CROSSFIT onde é necesario ser un atleta completo, un atleta total.
Por aquí vos deixo un vídeo con imaxes de Crossfit (seguimos profundizando nas clases!)

venres, 10 de xaneiro de 2020

Principios do adestramento deportivo

Toda persoa interesada en mellorar o seu estado físico debe coñecer os denominados "Principios do Adestramento Deportivo". Os "Principios do Adestramento" son leis científicas fundamentais que se deben respetar sempre que se queira producir adaptacións funcionais positivas no noso organismo.
Para facer o voso traballo tedes que escoller entre os principios do adestramento que enumero a continuación:
- Principio de individualización.
- Principio da intensidade.
- Principio da progresión.
- Principio da continuidade.
- Principio da multilateralidade.
- Principio da especificidade.
- Principio da especialización.
- Principio da supercompensación.
- Principio da sobrecarga.

Podedes buscar información sobre os principios que escollestes nos seguintes enlaces:
https://mundoentrenamiento.com/principios-del-entrenamiento/
https://entrenamientodeportivo.wordpress.com/2009/03/10/los-principios-del-entrenamiento-deportivo/

Síndrome Xeral de Adaptación

Información importante para os alumnos/as de 3º, 4º e 1º de bac.
Reflexionade sobre as seguintes gráficas e preguntade na clase todas as vosas dúbidas!

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Expresión Corporal

Despois das vacacións de Nadal reiniciamos o curso traballando contidos relacionados coa Expresión Corporal.
Podemos definir a Expresión Corporal como "o conxunto de técnicas que utiliza o corpo humano como elemento de linguaxe e que revela parte do seu psiquismo".
A danza, o cine, o teatro, o mimo, a acrobacia...son exemplos de expresións artísticas onde a Expresión Corporal ten unha grandísima importancia.

Reflexionar sobre este dato: o 35% da comunicación é oral, o resto é corporal.

martes, 7 de xaneiro de 2020

Concurso de microrelatos

No primeiro trimestre os alumnos/as de 4º da ESO e 1º de BAC participaron no "I Concurso de microrelatos de Deporte e Educación Física".
Noraboa a todos/as os que participastes e entregastes o voso microrelato, seguide así!!
A continuación déixovos con algunhas destas breves pero orixinais e meritorias producións literarias:


Correr, saltar, xogar...o importante non é gañar senón esforzarse.
            A vida é como o exercicio canto mais duro é mais forte te volves.

Noemí Caldas Gonçalves (4ºA)

 
Un home, despois dun largo día de traballo, decidiu saír correr para despexar a mente. Nunca mais se soubo nada de el.
Dende aquel día déronse centos de casos por todo o mundo de desaparicións de corredores. Hoxe en día o running é un deporte maldito que xa ninguén practica.

Xián Rocha Moldes (4ºA)

 
Vou primeira na maratón, quedan douscentos metros, aumento o ritmo, xa case que chego e de súpeto...esperto.
            Dende a miña posición na cama do hospital vexo a miña perna esquerda
            amputada.
 
Lara Álvarez Míguez (1º bacharelato)
 

No ático, a veciña déixase mecer, afundida na súa butaca, polas imaxes do televisor. No segundo, o neno, deitado sobre a súa cama, mata o tempo co videoxogo de moda. Na rúa, o home atormentado polos seus pensamentos, desbordando adrenalina, suando abundantemente corre mentres recorda aquel día no que tanta presa tiña por chegar que optou por tomar atallos laberínticos dos que aínda está buscando a saída. El foi o primeiro en vencer á morte.
 
          Alba Ubeira Rodríguez (1º bacharelato)

1º/2º ESO e PMAR, traslado a Telegram

Bos días a todos/as! Despois de escoitar algunhas suxerencias para facer mais fluída a comunicación entre alumnos e alumnos/as-profesor dec...