Bos días a todos/as!
Despois de escoitar algunhas suxerencias para facer mais fluída a comunicación entre alumnos e alumnos/as-profesor decidimos crear unha CANLE e un CHAT de Telegram. Mediante esta vía estaremos en contacto constante dunha forma moi áxil e sinxela. O único que tedes que facer e descarregar TELEGRAM no voso teléfono móbil ou tablet e despois introducir o enlace de invitación que deixo mais abaixo.
Se tedes algún problema para acceder á CANLE/CHAT poñervos en contacto comigo escribíndome ao seguinte correo electrónico: miguelportasrocha@edu.xunta.gal
Enlace CANLE Telegram: https://t.me/joinchat/AAAAAEUsVEKgeEr71-QzKw
Enlace CHAT Telegram: https://t.me/joinchat/QaQWFIBupQawmVlyNhyd4g
Un saúdo para todos/as!!
Ampliando coñecementos EF
domingo, 19 de abril de 2020
domingo, 29 de marzo de 2020
1º/2º ESO Semana 30 de marzo-03 de abril
Bos días a todos/as!
Recordade que, nesta situación tan particular que nos toca vivir, alimentarse adecuadamente e facer un pouco de exercicio diario é fundamental para manter un óptimo equilibrio físico e psicolóxico.
Nunha das anteriores entradas do blog (ver mais abaixo) deixeivos moitos circuítos de actividade física que podedes facer diariamente.
Agora vouvos propor un RETO; debes intentar facer os exercicios do video e animar a alguén da vosa casa a que tamén o intente.
Déixovos tamén as preguntas da semana que fan referencia a contidos que xa traballamos nas clases:
1) As persoas que practican habitualmente deportes de resistencia teñen unha frecuencia cardíaca mais alta ou mais baixa que as persoas sedentarias? Por qué?
2) Dime en cal das diferentes modalidades atléticas que traballamos na clase cres que poderías ter un rendemento mais destacado e explica por que.
3) Anota o nome de 5 deportistas galegos destacados indicando a súa disciplina deportiva.
Mándademe as respostas a miguelportasrocha@edu.xunta.es e dime tamén que tal te foi o RETO dos exercicios con rolos de papel!
Prazo de entrega límite: venres 03 de abril

sábado, 21 de marzo de 2020
Tarefa 1º e 2º ESO
Boas días, tardes ou noites a todos/as!
Espero que esteades levando esta situación de cuarentena o mellor posible.
Aínda que xa intentamos avisar a todo o alumnado, os que leades isto, por favor, avisade aos compas de clase para que entren no blog!!
Para saber quen está atento e quen non imos facer unha cousa...os que non teñades unha conta de correo electrónico a ides crear. É moi sinxelo, en poucos pasos a tedes lista e así nos poderemos comunicar en ámbalas dúas direccións (profe con alumno/a e alumno/a con profe)
(Se a creades por yahoo este sería o enlace:
https://login.yahoo.com/account/create?.lang=es-ES&.intl=es&.done=https%3A%2F%2Fmail.yahoo.com%2Fd%3F.lang%3Des-ES&src=ym&specId=yidReg)
Cando a teñades creada tedes que mandarme un mail a miguelportasrocha@edu.xunta.es contándome que tal van os circuítos de exercicios que vos puxen enlazados na entrada de abaixo do blog e respondendo ás seguintes preguntas relacionadas cos contidos teóricos deste segundo trimestre:
1) Como definirías Expresión Corporal?
Pon un exemplo de onde a Expresión Corporal sexa fundamental
2) Indica cales son os 4 grandes bloques do atletismo e detalla algunhas das disciplinas que están dentro de cada un dos bloques.
Tamén me podedes contar que tal estades levando este "encerro" e prantexarme as dúbidas ou preguntas que queirades.
Un saúdo para todos/as
Miguel
E sempre en movemento rapaces...que á volta temos que estar mais en forma que antes!!
Recordade:

mércores, 18 de marzo de 2020
Entrada especial para 1º e 2º da ESO
Ola alumnos/as!! Bos días a todos e todas!
Estamos vivindo unha situación atípica e histórica. Un período que os vosos fillos estudarán nos libros de historia e que vós poderedes explicar de primeira man.
Nós, eu como profe e vós como alumnos/as, temos a obriga de seguir mantendo contacto intentando seguir algunhas rutinas de traballo.
Cos cursos superiores o traballo diario vai ser teórico-práctico (e xa me estou comunicando cos alumnos/as por outra vía) pero os de 1º e 2º ides centrarvos só na parte física.
Cada un de vos debe dedicarlle un tempo diario ao exercicio porque sabemos que é fundamental para manter unha boa saúde non so física senón tamén mental.
Vouvos deixar un enlace onde podedes encontrar múltiples rutinas para ir facendo día a día.
TÓDOLOS DÍAS TEDES QUE FACER UNHA DAS RUTINAS!!
Empezade pola rutina número 1 aínda que non se corresponda co día. É dicir, non empecedes na rutina que corresponde ao día no cal iniciades o voso RETO senón que debedes empezar pola primeira e ir avanzando.
ANIMADE A ALGUÉN DA FAMILIA PARA QUE AS FAGA CON VÓS!!
É UN RETO! O RETO DE VOLVER DA CUARENTENA MAIS EN FORMA QUE ANTES!!
Tedes vídeos explicativos de como facer os exercicios e incluso contidos extras para os que queirades ampliar o traballo.
Aquí vai o enlace para as rutinas. A darlle duro!!!! Non nos oxidemos!!
https://view.genial.ly/5e6942a2c1a7970fc7f96b15/horizontal-infographic-timeline-cuida-tu-cuerpo-1o-y-2o-eso

Para calquera cousa podedes contactar comigo a través do seguinte correo electrónico: miguelportasrocha@edu.xunta.gal
venres, 28 de febreiro de 2020
Datas dos exames do 2º trimestre
domingo, 9 de febreiro de 2020
Béisbol
Bos días, tardes, noites a todos/as! Enlázovos unha antiga entrada do blogue para que botedes unha ollada a estas xogadas de béisbol.
Saúdos!!!
Miguel
https://efnopazo.blogspot.com/2019/11/ases-do-beisbol.html

sábado, 1 de febreiro de 2020
Microtraballo Julio Velasco
Comparto convosco un breve vídeo de Julio Velasco (un dos adestradores de voleibol mais importantes e recoñecidos do mundo). Pídovos que prestedes moita atención ó que di e que o resumades nun par de frases intentando captar o esencial da súa mensaxe.
Mándame un correo electrónico (miguelportasrocha@edu.xunta.es) co teu resumo. Como título da mensaxe pon o teu nome e apelidos así como o teu curso.
Un saúdo grande para todos/as/

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
1º/2º ESO e PMAR, traslado a Telegram
Bos días a todos/as! Despois de escoitar algunhas suxerencias para facer mais fluída a comunicación entre alumnos e alumnos/as-profesor dec...
-
1ºA: martes 17 de marzo 1ºB: martes 17 de marzo 2ºA: martes 24 de marzo 2ºB: luns 23 de marzo 3ºA: mércores 18 de marzo 3ºB: mércores...
-
Algúns dos alumnos/as do noso instituto estanse a converter en auténticos ases do béisbol. Déixovos un video para que vexades xogadas de par...
-
Bos días, tardes, noites a todos/as! Enlázovos unha antiga entrada do blogue para que botedes unha ollada a estas xogadas de béisbol. Saúd...