Boas días, tardes ou noites a todos/as!
Espero que esteades levando esta situación de cuarentena o mellor posible.
Aínda que xa intentamos avisar a todo o alumnado, os que leades isto, por favor, avisade aos compas de clase para que entren no blog!!
Para saber quen está atento e quen non imos facer unha cousa...os que non teñades unha conta de correo electrónico a ides crear. É moi sinxelo, en poucos pasos a tedes lista e así nos poderemos comunicar en ámbalas dúas direccións (profe con alumno/a e alumno/a con profe)
(Se a creades por yahoo este sería o enlace:
https://login.yahoo.com/account/create?.lang=es-ES&.intl=es&.done=https%3A%2F%2Fmail.yahoo.com%2Fd%3F.lang%3Des-ES&src=ym&specId=yidReg)
Cando a teñades creada tedes que mandarme un mail a miguelportasrocha@edu.xunta.es contándome que tal van os circuítos de exercicios que vos puxen enlazados na entrada de abaixo do blog e respondendo ás seguintes preguntas relacionadas cos contidos teóricos deste segundo trimestre:
1) Como definirías Expresión Corporal?
Pon un exemplo de onde a Expresión Corporal sexa fundamental
2) Indica cales son os 4 grandes bloques do atletismo e detalla algunhas das disciplinas que están dentro de cada un dos bloques.
Tamén me podedes contar que tal estades levando este "encerro" e prantexarme as dúbidas ou preguntas que queirades.
Un saúdo para todos/as
Miguel
E sempre en movemento rapaces...que á volta temos que estar mais en forma que antes!!
Recordade:
sábado, 21 de marzo de 2020
1º/2º ESO e PMAR, traslado a Telegram
Bos días a todos/as! Despois de escoitar algunhas suxerencias para facer mais fluída a comunicación entre alumnos e alumnos/as-profesor dec...
-
1ºA: martes 17 de marzo 1ºB: martes 17 de marzo 2ºA: martes 24 de marzo 2ºB: luns 23 de marzo 3ºA: mércores 18 de marzo 3ºB: mércores...
-
Algúns dos alumnos/as do noso instituto estanse a converter en auténticos ases do béisbol. Déixovos un video para que vexades xogadas de par...
-
Bos días, tardes, noites a todos/as! Enlázovos unha antiga entrada do blogue para que botedes unha ollada a estas xogadas de béisbol. Saúd...
