Estamos vivindo unha situación atípica e histórica. Un período que os vosos fillos estudarán nos libros de historia e que vós poderedes explicar de primeira man.
Nós, eu como profe e vós como alumnos/as, temos a obriga de seguir mantendo contacto intentando seguir algunhas rutinas de traballo.
Cos cursos superiores o traballo diario vai ser teórico-práctico (e xa me estou comunicando cos alumnos/as por outra vía) pero os de 1º e 2º ides centrarvos só na parte física.
Cada un de vos debe dedicarlle un tempo diario ao exercicio porque sabemos que é fundamental para manter unha boa saúde non so física senón tamén mental.
Vouvos deixar un enlace onde podedes encontrar múltiples rutinas para ir facendo día a día.
TÓDOLOS DÍAS TEDES QUE FACER UNHA DAS RUTINAS!!
Empezade pola rutina número 1 aínda que non se corresponda co día. É dicir, non empecedes na rutina que corresponde ao día no cal iniciades o voso RETO senón que debedes empezar pola primeira e ir avanzando.
ANIMADE A ALGUÉN DA FAMILIA PARA QUE AS FAGA CON VÓS!!
É UN RETO! O RETO DE VOLVER DA CUARENTENA MAIS EN FORMA QUE ANTES!!
Tedes vídeos explicativos de como facer os exercicios e incluso contidos extras para os que queirades ampliar o traballo.
Aquí vai o enlace para as rutinas. A darlle duro!!!! Non nos oxidemos!!
https://view.genial.ly/5e6942a2c1a7970fc7f96b15/horizontal-infographic-timeline-cuida-tu-cuerpo-1o-y-2o-eso
Para calquera cousa podedes contactar comigo a través do seguinte correo electrónico: miguelportasrocha@edu.xunta.gal

