Noraboa a todos/as os que participastes e entregastes o voso microrelato, seguide así!!
A continuación déixovos con algunhas destas breves pero orixinais e meritorias producións literarias:
Correr, saltar, xogar...o importante non é gañar senón
esforzarse.
A vida é como o exercicio canto mais duro é mais forte te
volves.
Noemí Caldas Gonçalves (4ºA)
Un home, despois dun largo día de traballo, decidiu saír
correr para despexar a mente. Nunca mais se soubo nada de el.
Dende aquel día déronse centos de casos por todo o mundo
de desaparicións de corredores. Hoxe en día o running é un deporte maldito que xa ninguén practica.
Xián Rocha Moldes (4ºA)
Vou primeira na maratón, quedan douscentos metros,
aumento o ritmo, xa case que chego e de súpeto...esperto.
Dende a miña posición na cama do hospital vexo a miña
perna esquerda
amputada.
amputada.
Lara Álvarez Míguez (1º bacharelato)
No ático, a veciña déixase mecer, afundida na súa butaca,
polas imaxes do televisor. No segundo, o neno, deitado sobre a súa cama, mata o
tempo co videoxogo de moda. Na rúa, o home atormentado polos seus pensamentos,
desbordando adrenalina, suando abundantemente corre mentres recorda aquel día
no que tanta presa tiña por chegar que optou por tomar atallos laberínticos dos
que aínda está buscando a saída. El foi o primeiro en vencer á morte.
Alba Ubeira Rodríguez
(1º bacharelato)